CURSOS DE EXTENSIÓN UNIVERSITARIA 2010_UNIVERSIDADE DE VIGO.
-------------CURSO PRÁCTICO DE METODOLOXÍA ARQUEOLÓXICA:----------------------
------------rexistro e análise de xacementos e materiais----------------------
* Datas de celebración: 21,22,23,24 de Xuño.
* Lugar: Edif. de Facultades de Ourense: Sala Muliusos e Aula
informática do soto; Aula 3.4 do 3º andar.
* Prazo de inscrición: Ata o día 14 de Xuño.
* Número de horas: 32
* Validación: 2 Créditos de libre elección / 1 ECTS
* Número de prazas: 40
* Taxas: 20 Eur. (bolseiros); 30 Eur. (alumnos, PDI, PAS, membros
de ALEHOU); 40 Eur.(público en xeral)
* Relatores convidados:
Jesús Bermejo Tirado, G.I. Mosaicos hispano-romanos (Consejo Superior de
Investigaciones Científicas)
César Parcero Oubiña & Pastor Fábrega Álvarez, Laboratorio de
Patrimonio do CSIC (Instituto Padre Sarmiento)
Rui Morais, profesor de Arqueoloxía da Universidade do Minho,
Braga (Portugal)
Fernando Carrera Ramírez, Escola Superior de Conservación e
Restauración de Bens Culturais de Galicia
TRÍPTICO: http://vicou.uvigo.es/images/vicou/eu_cursos/cursosveran2010/Curso_2010553.pdf
OBXECTIVOS DO CURSO:Da inexistencia dunha titulación específica en Arqueoloxía no Estado español, a diferencia doutros países da U.E., se deriva un crecente número de estudantes, titulados e profesionais que reclaman novas e mellores actividades formativas complementarias ás universidades, máis aló dos curricula oficiais. Conscientes de tal necesidade, dende o Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo, queremos achegar tanto ó público especializado e alumnado de titulacións afíns -Historia, Restauración, Humanidades, Arte, Xeografía- como á sociedade en xeral, o corpus metodolóxico necesario para a práctica arqueolóxica.
SÍNTESE DE OBXECTIVOS: A) Respostar ás demandas formativas dun amplo colectivo social. B) Minimizar a diverxencia con outros programas formativos europeos.C) Completar as carencias prácticas deducidas da inexistencia dunha titulación específica. D) Formar especialistas para investigar, protexer e divulgar o patrimonio
arqueolóxico.E) Achegar as posibilidades abertas polas novas correntes historiográficas e fomentar a aplicación das novas tecnoloxías.
Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo
CAMPUS UNIVERSITARIO "AS LAGOAS"; FACULTADE DE HISTORIA
(EDIFICIO DE FERRO) 2º ANDAR, PORTA 22. 32004 OURENSE
lauv-web@uvigo.es / http://webs.uvigo.es/lauv-web/
Telf: 988 387 262
Fax.: 988 387 159
tríptico.gif
Description: GIF image
| Mensagem anterior por data: [Archport] Comunicado do Grupo de Trabalho Pró-Sindicato em Arqueologia | Próxima mensagem por data: [Archport] Shipwreck treasure off Goa coast |
| Mensagem anterior por assunto: [Archport] Curso PALEOPATOLOGIA E TREPANAÇÃO | Próxima mensagem por assunto: [Archport] Curso prático de arqueologia em Goseck, Alemanha |