Lista archport

Mensagem

[Archport] Galiza, lá como cá...

To :   <archport@ci.uc.pt>
Subject :   [Archport] Galiza, lá como cá...
From :   "Paulo Monteiro" <pmonteiro@ntasa.pt>
Date :   Mon, 7 Mar 2011 19:16:26 -0000

XENTE emergente

«Sei que nunca terei xubilación»

Un arqueólogo con moitos traballos e pouca cotización

Mentres estudiaba Historia traballaba nunha pizzería. Licenciouse no 2007 e púxose a facer o doutorado (rematou no 2009) compaxinando ao mesmo tempo o traballo de investigación no laboratorio de Arqueoloxía do campus universitario de Ourense e o labor docente. É membro da equipa de investigación do Grupo de Estudios de Arqeuoloxía Antiguedade e Territorio, ten un contrato ca Fundación Aquis Querquennis e este ano tamén é profesor invitado na universidade.

-Con tantos traballos, estará forrado...

-¡Máis quixera! Isto non é como ter un soldo fixo. É ir parcheando. Non teño tempo nin para tomar unha caña, pero é o que hai. Se queres vivir disto e traballar porque che gusta, non che queda outra.

-¿Non hai saídas laborais máis estables para un arqueólogo?

-As posibilidades na empresa privada agora son escasas porque normalmente son traballos relacionados coa construcción de obra civil na que se necesitan informes de impacto arqueolóxico, e está todo moi parado. Nas universidades tampouco están por ampliar plantillas. Si tes sorte e tes proxectos que seleccionen, aínda podes ir tirando porque unha parte do presuposto é para personal.

-Polo menos non terá problema para ter a cotización necesaria para xubilares.

-¡Era boa! (rí). ¡Eu xa teño claro dende hai tempo que non me vou xubilar!

-¿Por que?

-Sei que nunca terei xubilación porque a estas alturas debo ter cotizados dous anos e medio, ou así. Na pizzería como estaba estudando o contrato era por media xornada; teño un cuatrimestre que me contratou como profesor a Universidade; o da Fundación é para este ano e non é renovable porque é con fondos europeos; e o de profesor invitado é como traer a alguén para que dé unha conferencia: páganche a colaboración pero non tes relación contractual e non cotizan por tí. E polas bolsa de investigación antes non se cotizaba nada.

-Pero agora si. Estará encantado con Rodríguez Zapatero porque na reforma incluiuse a investigación

-¿Encantado? ¡Non me fastidies! Iso levábase reclamando moitos anos, e tamén os recortes para investigación foron con él. Bueno, con él a nivel estatal e con Feijoo a nivel autonómico. Así que non estou contento con ningún dos dous, a verdade.

-¿E que fai no tempo libre?

-No meu tempo libre estou aquí, no laboratorio.

-¿Non ten aficións?

-Antes moitas. Para saber as aficións dunha persoa hai que ver o que lle regalan os amigos. A mín, pedras ou fósiles que compran por ahí.

-¿Algunha vez lle regalaron unha falsificación e tivo que dicirlle ao amigo que o timaron?

-Iso non se dí. O regalo faise con boa intención e si non eres experto é normal que te timen.

-¿Como ve o futuro? ¿Pensa comprar piso, formar familia, e cousas así?

-Non penso no futuro, e menos no que me poda amargar, nin sequera que preciso 38 anos de cotización para xubilarme e que eu non vou chegar. E no da familia tamén está complicado. A miña moza está na Coruña nunha empresa que mañá a pode mandar a outro sitio, e o meu traballo é eventual... O que fago é pensar en non parar, en seguir formándome e investigando.

Licenciado en Historia, arqueólogo e investigador, naceu hai 27 anos na localidade de Nigueiroá, no concello de Bande.

Aporveita os roteiros culturais dos que é bolseiro para estirar as pernas. Deixou o hockey, deporte no que competiu federado moitos anos, por falta de tempo.

 

 

Autor: fina ulloa

Localidad: OURENSE / LA VOZ

Fecha de publicación: 7/3/2011

 

 

 

 

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/03/07/0003_201103O7C8991.htm

 

 

 

 

 

*** ******* This message contains information which may be confidential and privileged. Unless you are the addressee (or authorized to receive for the addressee), you may not use, copy or disclose to anyone the message or any information contained in the message. If you have received the message in error, please advise the sender by reply e-mail and delete the message.


Mensagem anterior por data: [Archport] JIA 2011 - Novas perspectivas nos estudos de Zooarqueologia Próxima mensagem por data: Re: [Archport] FW: 1 trabalho na area de arqueologia
Mensagem anterior por assunto: [Archport] Galicia: descubrimiento de un nuevo petroglifo en forma de embarcación Próxima mensagem por assunto: [Archport] Galopim de Carvalho. Património Natural cada vez mais empobrecido por falta de vontade política