Lista archport

Mensagem

[Archport] O BOSQUE SAGRADO DE LUGO

Subject :   [Archport] O BOSQUE SAGRADO DE LUGO
From :   Carlos Sánchez-Montaña <csmarq@arqweb.com>
Date :   Wed, 16 Mar 2011 11:56:02 +0100 (CET)

O BOSQUE SAGRADO DE LUGO
Os bosques como memoria viva dos pobos
21 DE MARZO
CASA DA CULTURA OUTEIRO DE REI, LUGO



O BOSQUE SAGRADO DE LUGO
Organizan os Concellos de Begonte y Outeiro de Rei. Lugo
 
Os esforzos dedicados a aumentar a conciencia para a conservación e a explotación sostible dos bosques en beneficio das xeracións presentes e futuras son unha iniciativa que conta cada día con maior número de apoios e impulsos eficaces.
Os bosques e a súa ordenación sostible contribúen de xeito notable ao desenvolvemento e erradicación da pobreza, pero ás veces esquecemos a súa aportación á cultura e á identidade na historia dos pobos.
Os bosques son memoria viva de moitas das culturas dos nosos territorios e neles gárdanse elementos materiais e inmateriais da identidade dos pobos que o comparten, sendo a restauración e o recoñecemento desa relación histórica unha esixencia principal para que os bosques sexan sostibles no futuro, non só como unha mera proposta económica.
O idioma, a artesanía, a economía, a relixión do territorio lucense son debedores da súa relación co bosque; a identidade da nosa provincia baséase en parte nunha moi importante imbricación cos bosques do noso contorno.
É por todo isto que propoñemos o estudo dos sinais de identidade que gardan os nosos bosques e así poder comprender mellor os elementos que manterán a conciencia e memoria común da nosa identidade para o futuro.


PROGRAMA

10:00 - 10:30 h. Marcos Rubinos Román
O medio natural: serras bocarribeiras e chaira do Alto Miño.
10:30 – 11:00h. – Carmen Cillero Castro
Valores ambientais vencellados á auga. Os humedais da Terra Cha
11:00 - 11:40h.- Xosé Manuel González Reboredo
Os homes da Terra Chá e os seus bosques: a transformación da natureza en cultura mediante actividades, oficios, crenzas e creacións do imaxinario do pobo
11:40 – 12:20h.- Alfonso Blanco Torrado
Espazos míticos dende a literatura chairega
 
Pausa Café
12: 35 – 13:05h.- Carlos Sánchez-Montaña
O Altar do Rei e o Círculo de Donalbai
13:05 – 13: 30h. – Juan Ortiz Sanz e Gonzalo Meijide Cameselle
Unha técnica de baixo coste para a documentación da arte ruspestre: a aplicación do scanner fotogramétrico
13:30 – 14:00 - Carlos Martín la Moneda.
Estratexias para a recuperación do Bosque Sagrado: Fundación Ciudadano Verde

14:00 – 14:30 – Mesa redonda e Conclusións

Modera: Xulio Xiz Ramil

Comida
 
18:00 – 19:00 – Visita guiada a Penas de Rodas
ENTRADA LIBRE
21 DE MARZO
CASA DA CULTURA OUTEIRO DE REI, LUGO
Inscripcións e reserva de almorzo no 659 181 971 ou bosquesagradolugo@gmail.com
Almorzo na Casa de Turismo Rural Reboreda de Abaixo - 15 euros

Mensagem anterior por data: [Archport] Complemento dia de 18 de Abril Próxima mensagem por data: [Archport] Resposta à Dra. Jacinta
Mensagem anterior por assunto: [Archport] O barco da Praia de Belinho - esclarecimento Próxima mensagem por assunto: [Archport] Obra de Felgueiras