[Archport] Curso "Castros de interior: a Idade do Ferro do NO peninsular a través do exemplo limiao"
"Castros de interior: a Idade do Ferro do NO peninsular a través do
exemplo limiao" é un encontro organizado polo Laboratorio de
Arqueoloxía da Universidade de Vigo-Grupo de Estudios de Arqueoloxía,
Antigüidade e Territorio (LAUV-GEAAT), a celebrar en Xinzo de Limia
(Ourense) do 13 ó 16 de xuño, que permitirá paliar en parte o déficit
de coñecemento vencellado á Cultura Castrexa lonxe do litoral.
Mediante o desenvolvemento e exposición dunha temática de especial
interese nos nosos tempos, como é o da cultura castrexa, exemplificada
a través dos estudios realizados na comarca da Limia e zonas próximas
de Ourense, norte de Portugal, Zamora e Asturias; tentaremos ofrecer
ós universitarios, docentes e público en xeral un marco de encontro e
formación no que poidan profundizar sobre o coñecemento histórico,
especialmente aquel que amosa as súas propias raíces locais.
Agradecemos a máxima difusión. Moitas gracias
Programa e inscrición:
http://vicou.uvigo.es/images/vicou/eu_cursos/cursosveran2011/Triptico_2011552.pdf
+ info: http://lauv-web.blogspot.com/
Martín Xosé Vázquez Mato
Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo/
Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio.
CAMPUS UNIVERSITARIO "AS LAGOAS"; FACULTADE DE HISTORIA
(EDIFICIO DE FERRO) 2º ANDAR, PORTA 22. 32004 OURENSE
martinxvm@uvigo.es / http://uvigo.academia.edu/MartinXose
Telf: 988 387 262
Fax.: 988 387 159
----- Terminar mensaxe reenviada -----