Estimad@s compañeir@s, O Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo constituído como un equipo do Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) comprácese en organizar unha terceira edición do EDESCANOP que decorrerá os *días 13 e 14 de outubro na Facultade de Historia da Universidade de Vigo.* Estos Encontros arrincaron no ano 2007 como plataforma de reunión e discusión de especialistas en estudios cerámicos do Noroeste, e como tal, celebrouse o primeiro EDESCANOP. Os organizadores optaron, dous anos despois (2009), por trocar o enfoque cara un encontro concibido como unha actividade formativa, teórica e práctica, destinada a cubrir baleiros formativos de profesionais da arqueoloxía, estudantes de historia e investigadores. Para elo, o IIº Encontro artellouse sobre a figura do máis importante experto sobre a cerámica tardorromana de produción africana: o Investigador Doutor Michel Bonifay (CNRS, Aix-en-Provence) quen, durante dúas xornadas, achegou a cerámica africana de época romana aos máis de 30 inscritos, superando todas as expectativas da organización. Os participantes consideraron o IIº EDESCANOP, concibido como un curso teórico-práctico, como unha actividade única na nosa Comunidade, tremendamente útil e que cubría unha necesidade formativa de distintos colectivos implicados no mundo da Historia e da Arqueoloxía, e así comunicáronllelo á organización. Co *IIIº EDESCANOP*, o LAUV-GEAAT recolle as demandas dos participantes da pasada edición, que nos trasladaron a necesidade de organizar un curso teórico/práctico ?a imaxe e semellanza do realizado en 2009 sobre a cerámica de produción africana- sobre as *ánforas de época romana*. Non obstante, o universo anfórico antigo é tremendamente amplo e complexo, polo que foi necesario acoutar o marco de estudio ás ánforas romanas de produción peninsular (Béticas e Lusitanas) deixando para futuras edicións outras produción anfóricas mediterráneas ?tamén documentadas na Galiza-, en especial as orientais, unha vez que as ánforas producidas na Tunisia xa foron abordadas amplamente no 2009. Para cubrir todo o panorama anfórico peninsular de época antiga dende unha achega teórica e práctica, o IIIº EDESCANOP medra considerablemente fronte as pasadas edicións propoñendo dúas xornadas cos meirandes especialistas das tres zonas produtoras máis importantes en época romana, coa inclusión das producións da Galiza, minoritarias respecto ás outras pero de enorme interese para a nosa comunidade científica. Para inscribirte no III EDESCANOP cobre o formulario presente na web do LAUV-GEAAT (http://webs.uvigo.es/lauv-web/IIIEDESCANOP_inscricion.html) ou envíanos un correo-e a lauvweb@gmail.com co teu nome e apelidos, DNI ou Bilhete de Identidade (necesarios para diplomas), teléfono de contacto, e-mail e unha pequena descrición da túa relación coa temática do encontro (estudiante de historia, arqueólog@ profesional, persoal de museos...). Moitas gracias pola túa atención, para calquer consulta só tes que poñerte en contacto con nós. Comité organizador do III EDESCANOP: -Adolfo Fernández Fernández. LAUV-GEAAT -Fermín Pérez Losada. LAUV-GEAAT -Manuel Grande Rodríguez. LAUV-GEAAT -Marta Lago Cerviño. LAUV-GEAAT -Martín Xosé Vázquez Mato. LAUV-GEAAT ------------------------------------------------------------------------------ Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo/ Grupo de Estudios de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio. CAMPUS UNIVERSITARIO "AS LAGOAS"; FACULTADE DE HISTORIA (EDIFICIO DE FERRO) 2º ANDAR, PORTA 22. 32004 OURENSE lauvweb@gmail.com / http://lauv-web.blogspot.com/ Telf: 988 387 262Estimad@ compañeir@,
Estos Encontros arrincaron no ano 2007 como plataforma de reunión e discusión de especialistas en estudios cerámicos do Noroeste, e como tal, celebrouse o primeiro EDESCANOP. Os organizadores optaron, dous anos despois (2009), por trocar o enfoque cara un encontro concibido como unha actividade formativa, teórica e práctica, destinada a cubrir baleiros formativos de profesionais da arqueoloxía, estudantes de historia e investigadores. Para elo, o IIº Encontro artellouse sobre a figura do máis importante experto sobre a cerámica tardorromana de produción africana: o Investigador Doutor Michel Bonifay (CNRS, Aix-en-Provence) quen, durante dúas xornadas, achegou a cerámica africana de época romana aos máis de 30 inscritos, superando todas as expectativas da organización. Os participantes consideraron o IIº EDESCANOP, concibido como un curso teórico-práctico, como unha actividade única na nosa Comunidade, tremendamente útil e que cubría unha necesidade formativa de distintos colectivos implicados no mundo da Historia e da Arqueoloxía, e así comunicáronllelo á organización.
Co IIIº EDESCANOP, o LAUV-GEAAT recolle as demandas dos participantes da pasada edición, que nos trasladaron a necesidade de organizar un curso teórico/práctico –a imaxe e semellanza do realizado en 2009 sobre a cerámica de produción africana- sobre as ánforas de época romana. Non obstante, o universo anfórico antigo é tremendamente amplo e complexo, polo que foi necesario acoutar o marco de estudio ás ánforas romanas de produción peninsular (Béticas e Lusitanas) deixando para futuras edicións outras produción anfóricas mediterráneas –tamén documentadas na Galiza-, en especial as orientais, unha vez que as ánforas producidas na Tunisia xa foron abordadas amplamente no 2009.
Para cubrir todo o panorama anfórico peninsular de época antiga dende unha achega teórica e práctica, o IIIº EDESCANOP medra considerablemente fronte as pasadas edicións propoñendo dúas xornadas cos meirandes especialistas das tres zonas produtoras máis importantes en época romana, coa inclusión das producións da Galiza, minoritarias respecto ás outras pero de enorme interese para a nosa comunidade científica.
Comité organizador do III EDESCANOP:
-Adolfo Fernández Fernández. LAUV-GEAAT
-Fermín Pérez Losada. LAUV-GEAAT
-Manuel Grande Rodríguez. LAUV-GEAAT
-Marta Lago Cerviño. LAUV-GEAAT
-Martín Xosé Vázquez Mato. LAUV-GEAAT
------------------------------------------------------------------------------
dipticoIIIEDESCANOP.pdf
Description: Adobe PDF document
Mensagem anterior por data: [Archport] Curso Autocad-ALT-Sociedade de História Natural | Próxima mensagem por data: [Archport] A estrada de Rio Maior a Leiria em 1791 |
Mensagem anterior por assunto: [Archport] III EJIHM 2013 Évora | Próxima mensagem por assunto: [Archport] III Encontro Rural RePort | alargado prazo de submissão de propostas |