•  Índice por assuntos Lista apdio Índice cronológico  •
Anterior por data Anterior por assunto MENSAGEM Nº 00728 de 730 Próxima por assunto > Próxima por data >

[APDIO] Xornada sobre Big Data e Estatística


•   To: <Apdio@ci.uc.pt>
•   Subject: [APDIO] Xornada sobre Big Data e Estatística
•   From: "A. Ismael F. Vaz" <aivaz@dps.uminho.pt>
•   Date: Mon, 16 Mar 2015 11:06:53 +0000

Estimado/a compañeiro/a,

Temos o pracer de invitalo a participar na Xornada sobre Big Data e Estatística, que terá lugar na Facultade de Informática da Universidade da Coruña o 19 de xuño de 2015.

Esta xornada está organizada pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), o grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística (MODES) da Universidade da Coruña (UDC) e a Rede de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC.

A realización conxunta deste encontro ven reforzar e solidificar as colaboracións xa existentes entre a SGAPEIO e os distintos grupos de investigación das universidades galegas, para a promoción e divulgación da Estatística e da Investigación Operativa. A extensión destes obxectivos a toda a comunidade científica e o mundo empresarial fará que a xornada sexa máis frutífera.

A xornada inclúe un programa de sesións plenarias e un minicurso.

A inscripción na xornada é gratuíta, pero aínda así é necesario inscribirse, a data límite é o 7 de xuño de 2015.

Sesións Plenarias

Ø  Amparo Alonso Betanzos, Universidade da Coruña.

Ø  Ery Arias Castro, University of California, San Diego.

Ø  Carme Artigas Brugal, Synergic Partners, Barcelona.

Ø  Daniel Peña Sánchez de Rivera, Universidad Carlos III de Madrid.

 

Obradoiro de Big Data: Análise estatístico de redes con R

Ø  Pedro Galeano San Miguel, Universidade Carlos III de Madrid.

Contamos coa vosa participación,

O comité organizador,

Xornada sobre Big Data e Estatística

http://bigdata.sgapeio.es/





Mensagem anterior por data:
     [APDIO] EstudIO - XVII Congresso da APDIO
Próxima mensagem por data:
     [APDIO] ITOR: Special Issue on "Applied combinatorial optimization"
Mensagem anterior por assunto:
     [APDIO] XLV SBPO (Natal , Brasil )- DATA PARA SUBMISSÃO DE ARTIGOS PRORROGADA
Próxima mensagem por assunto:
     [APDIO] XVI Congreso Chileno de Ingeniería de Transporte: Se extiende plazo!