O BOSQUE SAGRADO DE LUGO
Os bosques como lugar de encontro entre home, natureza e espírito
21 de xuño,Casa da Cultura de Begonte
Recollendo as conclusións extraídas na primeira xornada dedicada aos bosques como memoria viva dos pobos, constatamos que o legado natural e o ecosistema dos concellos de Begonte e Outeiro de Rei posúen unha rede harmónica de illas, ríos, lagoas e bosques que o converten en Lugar de Interese Comunitario integrado na Reserva da Biosfera Terras do Miño, de incalculable valor ecolóxico que convén recuperar, ampliar e protexer.
Os restos arqueolóxicos achados na zona, sumados ao patrimonio arquitectónico existente, aportan tamén un excepcional valor engadido que ampara e pon de releve a hipótese defendida polo Grupo de Traballo do Bosque Sagrado, que a considera antigo lugar de culto, cuxa conservación e protección é necesaria e urxente.
O inmaterial, tanto no que se refire a un coñecemento autóctono gardado en antigos oficios, como o patrimonio oral, literario e ritual deste territorio, adquire na Terra Chá dimensións sobresalientes, profundas e arraigadas, cuxo coñecemento e comprensión nos integran de cheo nas relacións ancestrais e de encontro entre home, espírito e natureza.
Memoria, saberes, técnicas, formas de organización social, celebracións rituais e festivas e mulleres da chaira supoñen no seu conxunto unha actividade distintiva e de resultados plurais nun territorio concreto e identificable e que poñen de manifesto a capacidade do home para transformar a natureza en cultura.
Todo iso, co paso dos séculos, xerou un pequeno cosmos integrador destes elementos propios que nos obriga a emprender iniciativas que se encamiñen a conservar, protexer, promover e difundir os valores deste territorio, acompañando cada iniciativa dunha delicada actuación que evite descompensar o equilibrio natural alcanzado.
Nesta liña, o Grupo de Traballo propón
unha segunda xornada para afondar no coñecemento de ditos valores
desde unha perspectiva humanística que propicie o respecto e
reencontro individual e colectivo da comunidade co seu medio natural.
PROGRAMA
Os bosques como lugar de encontro entre home, natureza e
espírito
10:00h. a
10:10h.
Inauguración
José Ulla
Rocha, Alcalde de Begonte
José Pardo Lombao,
Alcalde de Outeiro de Rei
Xulio
Xiz
10:10h. a 11:00h.
Presentación da Ruta do Círculo de Donalbai
Carlos Sánchez-Montaña
Ángel
Trabada
11:00h. a 11:50h.
As arcaicas sacralizacións da pedra na simboloxía
románica
Xosé Lois
García
11:50h. a 12:00h. Pausa café 13:30h. a 14:30h.Almorzo 15:00h. a 20:00h. 20:00h. a 21:00h. 21:30h. a 22:30h.
12:00h. a 13:00h.
O "Locus
Amoenus", o paraíso perdido en Galiza
Felipe-Senén López
Inauguración da Ruta Percorrido do tramo Carral-Penas de Rodas
Benvida ao solsticio de verán en Penas de
Rodas
Concerto acústico de DOA
Presentación de novo disco A fronda dos cervos
Aforo limitado para as
conferenciasInscrición obrigatoria no 659181971 ou
bosquesagradolugo@gmail.com
Almorzo Casa San
Martín, Carral, Begonte (12 euros )
Mensagem anterior por data: [Archport] Congresso - Nomos, Kosmos e Dike em Plutarco | Próxima mensagem por data: [Archport] Sete Fontes (Braga) - o fim da 1ª parte da Série? |
Mensagem anterior por assunto: [Archport] O santuário de Cabeço das Fráguas (Lusitânia) e Early Roman Cities of Lusitania | Próxima mensagem por assunto: [Archport] Os cânones e as convenções da escrita. Reflexão breve para arqueólogos e poetas. |