• Índice por assuntos | Lista apdio | Índice cronológico • | ||
< Anterior por data | < Anterior por assunto | MENSAGEM Nº 00799 de 801 | Próxima por assunto > | Próxima por data > |
XII Congreso SGAPEIO. Actividades sociais e culturais XII CONGRESO SGAPEIO do 22 ao 24 de outubro de 2015 O Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Santiago de Compostela organiza en Lugo o XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, precedido por cursos non presenciais de Estatística con R e EPIDAT. Permanece aberto o prazo para o envío de comunicacións. O comité organizador invita a todos os colectivos vinculados coa Estatística e a Investigación Operativa a participar nestas xornadas, presentando as súas experiencias e resultados máis recentes. A información relativa ao congreso e aos cursos previos vaise actualizando na páxina web: http://xiicongreso.sgapeio.es Nesta ocasión enviamos información detallada sobre as actividades culturais e sociales programadas para o congreso (que se amplía en documento anexo). As actividades do xoves 22 e as do veneres 23 de outubro están incluídas na cota de inscrición do congreso. Xoves 22 de outubro: - Recepción no Concello. - Visita á Domus do Mitreo e Concerto “Lugo Cultural” na Casa do Saber da USC en Lugo. Venres 23 de outubro: - Durante a xornada de tarde haberá unha excursión á Ribeira Sacra, que incluirá unha viaxe polos canóns do río Sil en catamarán e unha visita ao centro de Cerámica de Gundivós. Sábado 24 de octubre: - Comida oficial do Congreso. Agardamos a vosa participación, O comité organizador, XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións. |
VICircular-XIICongresoSGAPEIO.pdf
Description: Adobe PDF document
Mensagem anterior por data: [APDIO] EfS 2015 - DEADLINE | SPECIAL ISSUE |
Próxima mensagem por data: [APDIO] [Dissemination] European Study in OR/MS Education |
Mensagem anterior por assunto: [APDIO] XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións |
Próxima mensagem por assunto: [APDIO] XOptima/VIRedM resumen extendido de 6-10 pág, extendido PLAZO FINAL al 1 de Julio de 2013 |